Contando cadros

Imaxe
04 de Maio - 30 de Xuño 2026, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Educar na Arte é unha tarefa fundamental porque aporta moitos beneficios ás crianzas. Transmitir a súa importancia asegúranos unha serie de vantaxes que repercutirán na mellora de actitudes e aptitudes comunicativas, creativas e de autoestima. A formación dun criterio propio, o incremento da concentración e o uso dos sentidos son tamén algunhas das destrezas que é posible alcanzar, ademais da aprendizaxe da historia das expresións artísticas desde a Antigüidade ata a actualidade. Con todos estas melloras na mente, presentámosvos unha colección de contos nos que a Arte e as pintoras e pintores son protagonistas.

Pode visitarse na sala infantil do 4 de maio ao 30 de xuño no horario de apertura da biblioteca.