16 de Xuño - 21 de Xullo 2023, 8:30 - 14:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica
O 13 de xuño faleceu Cormac McCarthy, escritor estadounidense gañador do Premio Pulitzer de ficción por The road en 2006. O crítico literario Harold Bloom distinguiuno como un dos catro maiores novelistas estadounidenses do seu tempo, xunto a Thomas Pynchon, Don DeLillo e Philip Roth. Para honrar a súa memoria facemos unha pequena mostra coas novelas e películas da nosa biblioteca e os libros electrónicos e audiolibros que ofrece Galiciale.
No segundo andar. A mostra pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.