Mostra bibliográfica
Despedimos a unha das figuras fundamentais da literatura galega contemporánea. Poeta, narrador, ensaísta e activista cultural, Xosé Luís Méndez Ferrín deixa unha obra imprescindible que marcou un antes e un depois nas nosas letras.
A súa escrita transitou entre o lirismo intenso, a memoria histórica, o mito artúrico e o compromiso político e social con Galicia. Como narrador, abriu camiños novos para a prosa galega con títulos esenciais como Percival e outras historias, Retorno a Tagen Ata, Arraianos ou No ventre do silencio. Como poeta, deixou fitos indiscutibles coma Con pólvora e magnolias ou Estirpe.
Membro da Real Academia Galega —institución que presidiu entre 2010 e 2013— e mestre de varias xeracións de escritores e lectores, a súa voz literaria destaca pola potencia da súa linguaxe, a profundidade simbólica e unha inesgotable capacidade para reinventar a tradición.
Con esta mostra bibliográfica, a biblioteca réndelle homenaxe convidándovos a reler, descubrir e manter viva a súa palabra.
Pode visitarse na 2ª planta dende o 19 de novembro ata o 30 de decembro no horario de apertura da biblioteca.