Día das bibliotecas

Imaxe
05 de Outubro - 30 de Novembro 2026, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Como cada 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. E este ano, baixo o lema Sen profesionais, non hai bibliotecas, queremos facelo achegando o mundo dos libros ás máis pequenas e pequenos. Porque detrás de cada biblioteca hai profesionais que traballan para facer da lectura unha aventura ao alcance de todas e todos.

Nesta mostra bibliográfica atoparedes unha selección de libros infantís para explorar o marabilloso universo que habita nas bibliotecas e así, descubrir, compartir e gozar en familia.

Vinde descubrir estes libros e celebrar con nós o Día das bibliotecas!

Pode visitarse dende o 5 de outubro ata o 30 de novembro na sala infantil.