Día das escritoras: das pioneiras de onte ás voces de hoxe

Imaxe
09 de Outubro - 30 de Novembro 2026, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Cada ano, a celebración do Día das Escritoras invítanos a lembrar que, noutros tempos, escribir e publicar foi un asunto vetado para as mulleres. Con todo, grazas á valentía e ao empuxe de grandes referentes do pasado como María de Zayas, Josefa Amar e Borbón, Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán, as portas da literatura comezaron a abrirse.

Elas sufriron os prexuízos de xénero das súas respectivas épocas e o menosprezo oficial, pero resistiron e deixáronlles o terreo preparado ás que virían despois, converténdose nas pioneiras que inspiraron ás seguintes xeracións.

A través desta mostra bibliográfica rendemos homenaxe e visibilizamos o seu legado. Este espazo reúne a quen, en tempos difíciles e escuros, fixo do seu talento narrativa, poesía, diarios e ensaios dos que hoxe somos herdeiras.

Pode visitarse no 2º andar do 9 de outubro ao 30 de novembro.