"Era boa se colara!": Que non te enganen

Imaxe
31 de Xaneiro - 27 de Febreiro 2026, 8:30 - 20:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Mostra bibliográfica

O contexto dixital actual en constante evolución, hiperconectado, onde a información circula constantemente e a gran velocidade, trae consigo un fenómeno preocupante: a desinformación.

A desinformación pode definirse como a creación, difusión ou promoción intencionada de información falsa, inexacta ou enganosa, co obxectivo de influir na opinión pública, de obter beneficios políticos ou económicos, ou de desestabilizar individuos, institucións e sociedades enteiras. A desinformación non só afecta á calidade do debate público tamén pon en perigo a nosa saúde, a nosa seguridade, a democracia e a cohesión social.

Baixo o paraugas da desinformación existen multitude de conceptos que fan referencia a diferentes aspectos relacionados coa difusión de información falsa, a verificación de noticias e a capacitación necesaria para facerlle fronte: trola ou loiada, desinformación, misinformation, maninformation, fake news ou noticias falsas, deepfake, verificación ou fact-cheking, alfabetización mediática, bots, trols, polarización, cámara de eco, pseudomedio, etc.

Entender estes conceptos é fundamental para comprender mellor o mundo no que vivimos, e aprender a manexalos daranos ferramentas para loitar contra a desinformación.

No andar baixo atoparás unha mostra bibliográfica con recursos sobre o tema.