Escoitar a ciencia: acadar información, entender problemas, construír opinión

Imaxe
01 - 30 de Novembro 2024, 8:30 - 14:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica infantil

A ciencia é moi importante no desenvolvemento humano. Todas e todos temos razóns para achegarnos a escoitar o que ten que dicirnos, tanto por curiosidade intelectual como para dar resposta a problemas puntuais. Por iso, é fundamental a información que a ciencia nos aporta sobre o mundo que nos rodea e os procesos que nel se desenvolven.

Ofrecémosvos aquí unha selección de libros que teñen o obxectivo de achegarnos á ciencia, con explicacións sinxelas e textos fáciles de entender. Pretendemos así espertar a curiosidade, alentar a aprendizaxe e promover o acceso ao coñecemento científico.

Pode visitarse na sala infantil ao longo do mes de novembro.