01 - 30 de Abril 2025, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Colección Losada Díaz
Cedemos o espazo a Santiago Losada, usuario da biblioteca e coleccionista de libros para que no mes do libro poidamos desfrutar dalgúns dos exemplares da súa colección Losada Díaz. Trátase dunha mostra con 15 exemplos seleccionados que mostran a evolución dos sistemas de ilustración dende 1809 a 1916: gravado, litografía, xilografía, calcografía e as súas variantes. Con ilustracións de Alphonse de Neuville, Gustave Doré, Charles Knight, Jules Girardet ou Randolph Caldecott entre outros.
Pode visitarse no andar baixo durante o horario de apertura da biblioteca.