Gravado, ilustración, deseño e humor gráfico en Galicia

Imaxe
20 de Xaneiro - 28 de Febreiro 2025, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Para celebrar o 30 de xaneiro, Día da Ilustración, facemos unha mostra bibliográfica cunha selección de documentos da nosa colección para dar unha visión xeral da historia da ilustración e as artes gráficas en Galicia ata chegar á actualidade. Grandes figuras históricas como Castelao, Luis Seoane, Carlos Maside ou Camilo Díaz Baliño, xúntanse nesta mostra cos autores máis actuais, entre os que destacamos a Xosé Vizoso, a persoa homenaxeada en 2025. O Día da Ilustración é un proxecto colaborativo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).

Do 20 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2025 no andar baixo da Biblioteca, zona hemeroteca. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.