(In)visibles y (o)cultas

Imaxe
04 - 29 de Novembro 2025, 8:30 - 13:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Exposición

(In)visibles y (O)cultas é unha exposición producida polo Museu de Ciències Naturals de Barcelona (MCNB) que nace do interese e a necesidade do Museo de facer visibles ás mulleres en diversos ámbitos, neste caso o da Ciencia. 

A exposición recupera a vida de vinte e catro científicas que, desde o Antigo Exipto ata a Gran Bretaña do século XXI, foron, por razón de xénero, silenciadas, relegadas ou directamente borradas da historia da Ciencia.

Pode visitarse no vestíbulo da biblioteca durante o horario de apertura.