Manuel Lourenzo 1943-2025

Imaxe
11 de Agosto - 30 de Setembro 2025, 11:15 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal rende homenaxe a Manuel Lourenzo, figura esencial do teatro galego, cunha mostra bibliográfica que percorre a súa obra e traxectoria. Un espazo para lembrar, ler e redescubrir a súa contribución á literatura e á cultura do noso país.

Pode visitarse no segundo andar durante o horario de apertura da biblioteca.