18 de Novembro 2023, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Ciencia Kids
Coa realización de diversos experimentos búscase proporcionarlles aos nenos e nenas unha base de pensamento lóxico dedutivo.
O obxectivo é espertar o interese dos nenos e das nenas pola ciencia e a investigación, favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade. Demostrarase que os fenómenos naturais poden parecer máxicos e asombrarnos, ata que os observamos, descubrimos e explicamos.
Para público infantil de 6 a 12 anos.
Inscrición previa no teléfono 886 120 445 ou na propia biblioteca.