01 de Xullo - 30 de Setembro 2025, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica infantil
Pequena mostra sobre as novas editoriais que publican literatura infantil e xuvenil en galego e que se asoman contribuíndo xunto ás xa establecidas á consolidación deste xénero, poñendo o seu gran de area no labor ao que Álvaro Cunqueiro convocábanos para facer que Galicia e o Galego duren mil primaveras máis.
Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.