Mozas raras: centenario de Carmen Martín Gaite e Ana María Matute

Imaxe
01 de Outubro - 29 de Novembro 2025, 8:30 - 14:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Carmen Martín Gaite (Salamanca, 1925-Madrid, 2000) e Ana María Matute (Barcelona, 1925-2014) cumprirían cen anos neste 2025. Dúas mulleres, dúas escritoras pertencentes á xeración literaria dos anos 50 do século pasado, que comparten a necesidade de crear, non só a través da escritura senón tamén doutras disciplinas, como a pintura no caso de Matute e a creación de collages como forma de expresión, no caso de Martín Gaite. Dous universos literarios diferentes que se rebelan á vez nunha época pouco propicia para a liberdade.

A mostra estará dispoñible do 1 de outubro ao 29 de novembro no segundo andar durante o horario de apertura da biblioteca.

Vídeos