O que conta un lobo

Imaxe
02 - 30 de Xuño 2025, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica infantil

A presenza do lobo en Galicia ten tanta importancia que aparece tanto na mitoloxía como na toponimia ou na tradición oral. É polo tanto un símbolo da nosa cultura ao que se intenta garantir unha presenza mínima na terra. Pero é difícil acabar cos prexuízos que o acompañan mentras non desapareza a súa condición de figura mítica no noso imaxinario colectivo.

Escoitemos mentres tanto ao lobo nesta relación de novelas e contos clásicos e outros actuais nos que se altera a súa condición de personaxe perigoso nun ser sentimental, reflexivo e mesmo un ecoloxista.

Do 2 ao 30 de xuño na sala infantil. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.