O que está por vir

Imaxe
02 de Setembro - 31 de Outubro 2024, 8:30 - 20:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Mostra bibliográfica e audiovisual

Mostra bibliográfica e audiovisual cunha selección de recursos relacionados coas próximas estreas de cine: Bitelchús Bitelchús, Los destellos, Joker: Folie à Deux, Los anillos del poder (T2), Shin Chan, Venom, e moitos máis.

Na mostra atoparás música e películas de Lady Gaga, a primeira entrega do Joker, outras películas de Joaquin Phoenix, libros e peliculas de "El señor de los anillos", os libros nos que están baseadas as películas "Los destellos" e "La habitación de al lado", e moitas cousas máis.

Todo para que poidas prepararte para todo o que está por vir.