Obradoiro sobre a arte da narración oral impartido por Carlos Rebolo
Obradoiro para persoas curiosas sobre esta arte e narradoras que queiran repasar os fundamentos do oficio.
Unha cor, un cheiro, un son, un sabor ou unha textura tráennos as primeiras imaxes dunha lembranza. A partir delas, transmitimos con palabras as historias que vivimos, vimos ou nos contaron. Contamos estas historias tal e como as recordamos, non sempre tal e como sucederon.
Neste obradoiro, abordaremos a tarefa de atoparnos coa historia e construír as lembranzas ficticias necesarias para contala. Exploraremos a construción destas lembranzas baseándonos na historia persoal, no traballo creativo ou nas historias escritas. Este obradoiro intensivo sobre autobiografía ficticia permitiranos ter unha primeira aproximación á construción de lembranzas ficticias para compartir cun público coma se fosen verdadeiras.
Para 8 persoas adultas. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.