A palabra Artista na Arte

Imaxe
02 - 30 de Xuño 2025, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

O século pasado marcou un punto de inflexión na historia da arte co xurdimento de correntes de investigación dedicadas á artista feminina, unha presenza moitas veces silenciada e esquecida nos grandes relatos canónicos. Grazas a estas inquedanzas, emerxeron figuras académicas clave que, coa súa visión pioneira, impulsaron a creación dunha historia da arte feminista, abrindo camiños para unha narrativa máis xusta e completa.

Na Biblioteca Pública Ánxel Casal desexamos compartir con vós unha escolma de obras que se adentran nesta corrente da historia da arte feminista. Ademais, incluímos volumes que exploran a traxectoria dos grandes autores que perduran no imaxinario colectivo, achegando así unha perspectiva enriquecida e plural que recoñece a achega de todas as creadoras.

Pode visitarse no segundo andar durante o horario de apertura da biblioteca.