Poesiacordes

Imaxe
21 de Novembro 2025, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Francisco Castro

Celebramos o Día da Música co concerto Poesiacordes de Francisco Castro.

Ven coñecer a gran poesía galega musicada dende os tolos anos 60 ata os nosos días. Poderás escoitar e cantar a Rosalía (de Castro, non a outra), a Álvaro Cunqueiro, a Curros Enríquez e a outras e outros máis nunha proposta na que vai estar o rock, o pop, o reagge e as baladas para que non deixes de cantar nin un segundo.

Vas ver a de cancións e poemas galegos que sabes!

Dirixido a público adulto. No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.