Sé sempre poeta, incluso en prosa

Imaxe
21 de Marzo - 26 de Abril 2025, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica infantil

Hoxe en día a poesía chega a nós dende diversas formas:libros en verso, narración poética e incluso mediante obras de teatro poético, algo que plasma moi ben a frase do título da mostra que pertence a Charles Baudelaire (1821-1987). Aínda así, a poesía conserva unha característica en todos os formatos e é, como ben di a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), que “fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz”.



Os temas que trata a poesía son moi amplos e variados, dende o amor e a natureza ata problemas sociais, converténdose así as e os poetas en escritoras que rompen coas ideas tradicionais para crear novos movementos ou estilos. De feito, poderíamos entender o título tamén como unha petición para que intentemos parecernos máis ao que representa a poesía e quen a escribe.



Dese xeito, esta mostra bibliográfica celebra o 21 de marzo o Día Mundial da Poesía e, para isto, recolle libros que nos axudan a abrir as nosas mentes para intentar conseguir un futuro mellor. 

Pode visitarse na Sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.