Todas aquelas persoas que queiran introducirse no fascinante mundo do teatro teñen o seu sitio na Biblioteca Pública de Pontevedra. Neste obradoiro, de tres meses de duración, traballaranse tanto técnicas como exercicios de desinhibición, expresión corporal, creatividade, improvisación ... e moitas outras cousas. Todo de xeito lúdico, ameno e divertido.
Inaguración da exposición
Imos comezar ou outono cunha sesión de contiños de outono para os pequechiños e as pequechiñas da casa. Música, contos ... diversión asegurada!
Data e hora: venres 10 de outubro ás 18.00 h.
Público destinatario: bebés, de 0 a 3 anos (acompañados de ata dous adultos)
Inscrición previa na web dá biblioteca a partir do 1 de outubro ás 9.00 h.
Convidámosche a un taller práctico pensado para adultos, onde aprenderás a usar a tecnoloxía de maneira sinxela e útil para o teu día a día.
Resolveremos dúbidas, veremos trucos básicos e daremos consellos para sentirche máis cómodo cos teus dispositivos dixitais.Tampouco esqueceremos unha pequena introdución na Intelixencia Artificial.
Todos temos un libro favorito. Algunhas veces, ese libro conta con imaxes que nos axudan a visualizar mellor aos personaxes e escenarios. Pero outras veces, o libro non ten ilustracións, así que debemos usar a nosa imaxinación para crear ese mundo baseadas nas descricións do propio autor. Neste obradoiro, aprenderemos como converter esas descricións en debuxos.