A Biblioteca Ánxel Casal acollerá o acto de entrega do IV Premio Simbad de Literatura Infantil
O vindeiro mércores 17 de setembro ás 11:00 horas, celebrarase no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal o Acto de Entrega do IV Premio Simbad, organizado por AGADEA Alzhéimer e coa colaboración da Xunta de Galicia.