A detective Queizás enfróntase ao caso máis difícil da súa carreira.
Tras días buscando a M.S. unha montañeira perdida consegue dar con ela no máis profundo dun bosque. Está tirada no chan sen folgos atrapada nunha silveira, pero compórtase dun xeito estraño. Comería algo velenoso? Picaríalle unha víbora?
Unha divertida sesión de contos con cancións e sorpresas a cargo de Bea campos e Carlos Yus de Migallas Teatro na que o público poderá gozar con divertidas historias e cancións.
O obxectivo deste club é desenvolver as habilidades sociais dos participantes cos xogos de mesa xuvenís máis actuais, para que poidan coñecelos e gozar do xogo colaborativo nunha contorna cultural e con monitores especializados.
Duración: de 17:00 20:00 h
A partir de 9 anos (familiar)
Ferró convídanos ao seu mundo de rebeldía, de cores e de felicidade coa súa exposición.
Podedes visitala no vestíbulo da Biblioteca no seu horario habitual de apertura.
Para celebrar o Día das Bibliotecas temos na planta baixa da biblioteca unha pequena mostra dunha das coleccións máis ricas e interesantes coas que contamos: a colección Muruais.
Obradoiro tecnolóxico dirixido a nenos e nenas, onde aprenderán de forma lúdica conceptos básicos de programación, robótica e electrónica. Empregaremos robots de "LEGO Mindstorms", esferas intelixentes "Sphero Mini", drons e outros dispositivos electrónicos. Os participantes aprenderán e se divertirán cos diferentes retos.