18 de Outubro - 06 de Novembro 2023, 9:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica infantil
Achégase o Samaín e na Biblioteca Ánxel Casal temos preparada unha selección de libros na que poderás ler algunhas das nosas historias terroríficas preferidas, pero tamén atoparás outros nos que aprenderás curiosidades sobre esta festa e, mesmo, ideas para que elixas o teu disfrace para esa noite.
Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.