Accesibilidade na biblioteca pública

2023
En liña
OBXECTIVOS

• Dar a coñecer o marco legal e normativo sobre accesibilidade en equipamentos públicos.
• Dar a coñecer conceptos fundamentais sobre accesibilidade física, sensorial e cognitiva.
• Analizar cales son as necesidades das persoas con discapacidade fisica, sensorial e/ou cognitiva para que teñan acceso ás bibliotecas.
• Proporcionar ferramentas básicas para conseguir espazos accesibles nas bibliotecas e crear/modificar servizos e actividades accesibles a todas as persoas
• Coñecer as necesidades de acceso á información e á lectura segundo a discapacidade e os formatos e adaptacións existentes no mercado.
• Proporcionar ferramentas básicas de xestión do fondo documental para que sexa accesible: da adquisición ao andel.
• Coñecer as necesidades de comunicación segundo a discapacidade.
• Proporcionar ferramentas básicas de deseño de carteis, folletos e campañas de difusión para chegar a colectivos con discapacidade.