06 - 30 de Novembro 2026, 8:30 - 21:00
Exposición
O Espazo CreOu acolle este mes a Exposición "Albor", unha colección de obras de Paula labrador (@labra_art) que falan da ruptura entre un mesmo, as súas raíces e a ética dos seus actos.
Poderase ver no vestíbulo da biblioteca no horario habitual de apertura.
O día 6 de novembro ás 18.00h teremos un encontro coa autora das obras que nos acompañará percorrendo as súas creacións.