Exposición organizado polos Centros Checos coa colaboración do Instituto de Literatura Checa da CAS e o Museo de Moravia
Cedemos o espazo para realizar a exposición Aquí y ahora: el cómic checo contemporáneo, comisariada por Pavel Kořínek e Tomáš Prokupek, que ofrece unha visión panorámica da evolución do cómic checo nas últimas dúas décadas, destacando a autores e autoras internacionais como Jaromír Švejdík, Lenka Šimečková ou Lucie Lomová.
O cómic checo nunca evolucionara de xeito tan dinámico como ata agora. Nas dúas últimas décadas entraron na escena local tres oleadas de autores e autoras que puideron crear e publicar de forma libre. Actualmente hai tres xeracións de artistas activos na escena checa e a súa composición mostra en gran medida os cambios positivos que se produciron recentemente. Destacan a diversidade de xéneros, a maior formación artística académica das novas xeracións e a menor discriminación con respecto ás mulleres creadoras de cómic xa que na xeración máis nova son as que predominan. Polo tanto, pódese afirmar que aquí e agora o cómic checo está a vivir un bo momento, tal vez incluso poderiamos dicir que o mellor da súa historia.
Proxecto organizado polos Centros Checos coa colaboración do Instituto de Literatura Checa da CAS e o Museo de Moravia.
Pode visitarse do 21 de maio ao 30 de xuño no vestíbulo e salón de actos no horario de apertura da biblioteca.