A arte como terapia

Imaxe
29 de Abril - 06 de Maio 2024, 18:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Exposición de postais feitas polas persoas usuarias de AGADEA ALZHÉIMER

A biblioteca cede o espazo para a exposición de postais "A arte como terapia" feitas polas persoas usuarias de AGADEA ALZHÉIMER.

As persoas usuarias dos centros de Santiago elaboraron estas postais inspiradas nos lugares nos que viven e nas que se plasman os recordos, as sensacións e os vínculos emocionais coas súas contornas. Cada postal é máis que un simple anaco de papel decorado; é un testemuño vivo da vitalidade e a capacidade creativa que perduran máis aló das barreiras impostas pola demencia.

No segundo andar. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.