Colleita de follas e historias: lecturas para días de outono

Imaxe
01 de Outubro - 29 de Novembro 2025, 8:30 - 14:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica infantil

A biblioteca énchese de outono. As follas que caen das árbores convértense en alfombras douradas e as follas dos libros lévannos a soñar con novas historias. Nesta mostra atoparás contos que cheiran a bosque, a choiva suave e a tardes acolledoras. Unha invitación para ler e descubrir a maxia desta estación tan especial.

Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.