02 de Decembro 2025 - 10 de Xaneiro 2026, 8:30 - 14:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica
Di Cunqueiro “que hai momentos na historia da humanidade en que a terra deixa, por unhas horas ou uns meses, de pertencer aos homes. Esas horas ou eses meses que se chaman a hora vintecinco”. Son os trece días que hai entre Nadal e Reis, un tempo reservado pola tradición para conmemorar o final dun ano e o comezo doutro novo.
Presentámosvos estas historias para que gocedes deste tempo fóra do tempo.
Na sala infantil da biblioteca, pode visitarse durante o horario de apertura.