Descubrindo o xerme

Imaxe
10 de Abril - 16 de Maio 2026, 8:30 - 14:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica dedicada a Ramón Otero Pedrayo

Este ano 2026 celébrase o Ano Otero Pedrayo con motivo do 50º cabodano do autor e do centenario da súa Guía de Galicia. Otero, figura fundamental da cultura e identidade galegas, representa unha das pezas fundamentais do galeguismo e do compromiso coa nosa terra.

Con esta mostra, a biblioteca Ánxel Casal quere revisar unha das obras literarias e ensaísticas máis completas que segue a acompañar ás novas xeracións e que foi referente para as anteriores.

Pode visitarse no 2º andar do 10 de abril ao 16 de maio.