Mostra bibliográfica infantil
Unha eclipse total é un dous maiores espectáculos que pode ofrecernos a natureza. Durante uns segundos a Lúa sitúase entre o Sol e a Terra deixándonos durante un intre ás escuras, privados da luz que nos achega o Sol.
É un evento que leva sorprendendo á humanidade desde hai miles de anos, que a inspirou a crear lendas, mitos e historias relacionadas tanto co Sol, a Lúa e a propia eclipse e que a impulsou a investigar o noso planeta e todo o que lle rodea. Mesmo, a día de hoxe, aínda é un suceso que nos fai alzar a vista ao ceo e que nos invita a descubrir máis sobre o noso Universo.
En España non ocorría unha eclipse total desde 1959, pero o mércores 12 de agosto vai suceder de novo; e non só iso, senón que unha das mellores zonas para poder observar este fenómeno é a nosa terra, Galicia.
Por iso, con motivo deste acontecemento tan especial, presentamos unha mostra bibliográfica dedicada ao Universo. Nesta selección de contos, álbums ilustrados e libros de divulgación poderás descubrir como se producen as eclipses; coñecer mellor aos protagonistas deste evento, o Sol e a Lúa, os planetas do noso sistema solar e as estrelas que nos acompañan todas as noites; e viaxar polo espazo sen saír das páxinas dun libro. Porque a curiosidade é o primeiro paso para aprender, convidámoste a explorar, facer preguntas e deixar voar a túa imaxinación. Cada libro é unha nova aventura e cada páxina unha oportunidade para descubrir os segredos do ceo.
Achégate á nosa sala infantil e prepárate para unha viaxe fascinante polo Universo a través dos libros.
Pode visitarse do 7 ao 31 de agosto de 8.30 a 14.30h e do 1 ao 30 de setembro de 8.30 a 21.00h.