Explorar e aprender a través dos libros ilustrados

Imaxe
09 de Setembro - 31 de Outubro 2024, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica infantil

Gústache descubrir cousas novas? Sabes o que son os libros ilustrados de non ficción? Poida que este nome non che soe moito pero, e se che dicimos que son libros que van espertar a túa curiosidade, cos que podes aprender ao tempo que te divirtes e vas quedar con ganas de seguir investigando? Se non os coñeces e queres facelo, bótalle unha ollada a algún dos que forman parte desta mostra bibliográfica. Se te entusiasman tanto como a nós, poderás atopar máis na zona de libros informativos da sala infantil. Non deixes de achegarte e explorala. Temos unha chea de títulos cos que vas flipar!

Na sala infantil do 9 de setembro ao 31 de outubro. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.