Exposición de orixinais da novela gráfica “Gloria”

Imaxe
12 de Xaneiro - 13 de Febreiro 2026, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Organizada por Lola Garcerá e Pío Barreiro

Cedemos o espazo para esta exposición organizada por Lola Garcerá e Pío Barreiro sobre a novela gráfica “Gloria”, editada por Demo editorial. Unha viaxe á Compostela medieval durante a construción do Pórtico da Gloria. Un traballo que acontece polo período románico da nosa cidade, con trazos de acción, aventura e intriga e unha personaxe feminina que nos achega unha nova visión sobre a creación artística no medievo.

Pode visitarse no vestíbulo do 12 de xaneiro ao 13 de febreiro durante a apertura da biblioteca.