Organizada pola Fundación Vicente Ferrer
A biblioteca cede o espazo para a realización da exposición “Habitabilidade e saneamento na India rural” que está organizada pola Fundación Vicente Ferrer e financiada pola Xunta de Galicia, Cooperación Galega na que se nos mostra o empoderamento das mulleres e as persoas con discapacidade na India rural a través da propiedade dunha vivenda con saneamento.
Trátase dunha iniciativa holística que tamén promove a creación dunha contorna de vida saudable a través do impulso á conservación do medio ambiente, a xestión de residuos e a reciclaxe.
A Fundación Vicente Ferrer (FVF) é unha Organización Non Gubernamental de Desenvolvemento comprometida desde 1969 co proceso de transformación de zonas rurais en Andhra Pradesh e Telangana (sureste da India). Apoia a comunidades empobrecidas e grupos especialmente vulnerables: mulleres e persoas con discapacidade. O modelo de desenvolvemento da FVF na India coincide co conxunto de propostas globais da ONU para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en 2030.
No segundo andar.
Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.