Exposición "Unha árbore de historias: cen anos de literatura infantil e xuvenil en Galego"

Imaxe
01 - 08 de Abril 2024, 9:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Lugo

Esta mostra fai un repaso á literatura infantil e xuvenil escrita en lingua galega durante o último século: desde o ano 1922, cando se publica, co pulo de Ramón Cabanillas, a revista infantil «As Roladas», e tamén os primeiros contos, ata os títulos máis actuais.

Supón un recoñecementos a todos eses autores que introduciron a nosa lingua nun xénero ata o momento alleo.

Non faltan referencias a «Memorias dun neno labrego» de Neira Vilas ou «A galiña azul» de Carlos Casares, pero tamén a todos eses profesionais, da literatura ou do ensino, que contribuíron a normalizar a presenza da lingua no eido editorial, e, concretamente, ao destinado ás crianzas.

Conmemoración Día do Libro Infantil 2 de abril.