01 - 29 de Outubro 2025, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Exposición de marionetas
Celebramos o 30 aniversario do Festival Internacional Galicreques con esta mostra que recolle monicreques e marionetas do mundo que nos acompañaron todos estes anos, así como fotografías de moitas compañías que participaron e grandes espectáculos nacionais e internacionais. Tamén estará exposta unha colección cos carteis das pasadas edicións do festival, dende 1996 até a presente edición 2025.
Esperamos que desfrutedes tanto coma nós deste tradicional e familiar evento que nos acompaña todos os outubros en Santiago de Compostela.
No vestíbulo. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.