A guerra na literatura

Imaxe
06 de Abril - 06 de Xuño 2026, 10:00 - 14:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

A guerra, ese horror que marca á humanidade, atopou na literatura o seu espello máis fiel. Esta mostra reúne 90 obras que percorren desde a Ilíada ata as crónicas do Rif español, pasando polas trincheiras das Grandes Guerras ou a Guerra Civil. Novelas, memorias e ensaios que desnudan o absurdo do combate, o sufrimento da poboación civil e a necesidade de reconstruír a memoria colectiva.

A través destas páxinas podemos deternos a pensar no valor da paz, pois os libros gardan e transmiten as leccións, as dores e as experiencias de todas as guerras. Un percorrido literario para comprender o pasado e lembrar o prezo da paz.

Pode visitarse no 2º andar do 6 de abril ao 6 de xuño en horario de apertura da biblioteca.