Lecturas que danzan

Imaxe
01 de Febreiro - 20 de Marzo 2024, 9:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Exposicións de fotografía

Porque cada ano desaparecen espectadores das programacións de artes escénicas, Branca Novoneyra e Isabel Cuesta decidiron organizar este ciclo de lecturas na biblioteca para divulgar a arte do movemento entre persoas interesadas na lectura e na danza.

Durante catro sesións empregarán documentos textuais e visuais para convocar a presenza da danza na biblioteca. Lerán textos escollidos que relacionan a arte viva conectada con diferentes manifestacións de diversos eidos como son o activismo, a saúde, a filosofía e a espiritualidade. 

O ciclo Lecturas que danzan complétase coas exposicións Bailarinas antifascistas e El cuerpo danzante a través de narrativas pasadas y futuras

Bailarinas antifascistas componse de sete fotografías de arquivo coloreadas por Tina Paterson que lembran o apoio á loita antifascista de Isadora Duncan, Antonia Mercé, Evelyn Hutchins, Juanita Montenegro, Helen Tamiris e Carmen Amaya. 

El cuerpo danzante a través de narrativas pasadas y futuras consta de sete fotografías de obras da coreógrafa Isabel Cuesta.

Ámbalas dúas estarán no vestíbulo do 1 ao 29 de febreiro e no salón de actos do 1 ao 20 de marzo. Poden visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.

Documentación