Exposición
Rematar sempre os libros que se empezan é unha regra “non escrita” de moitos lectores, pero existen libros abandonados, dos que desistimos da súa lectura, libros que nos custa ler e que poucas persoas logran rematar. Adoitan ser, en moitos casos, obras influíntes y que xeran reaccións contrapostas.
Por que os abandonamos? Os motivos poden ser varios: aburrimento, complexidade, decepción, preguiza ou simplemente atopar mellor lectura. Non todos os libros son para todos os lectores, e aínda que por algúns estea mal visto abandonar as lecturas, a lectura debe ser un goce. “O verbo ler, como o verbo amar e o verbo soñar, non soporta o modo imperativo “ Jorge Luis Borges.
Data e hora: Do 19 ao 30 de abril, de 9 a 21 horas, planta baixa.
Público destinatario: Adulto, xuvenil, infantil.