A liña e o vento: lembrando a Carlos Taboada

Imaxe
14 de Agosto - 30 de Setembro 2025, 13:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica infantil

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal quere render unha sentida homenaxe a Carlos Álvarez Taboada (1979-2025), ilustrador, escritor e soñador incansable, que nos deixou demasiado cedo.

Co seu lapis viaxou por milleiros de historias, facendo que nenos e nenas descubrisen personaxes, aventuras e anacos da nosa memoria colectiva. Xunto a Quique Mauricio, no proxecto Polo correo do vento, encheu moitas veces a nosa biblioteca de cores, risas e curiosidade. 

Nesta mostra queremos lembrar o seu xeito de mirar o mundo e, sobre todo, a súa capacidade para converter historias en debuxos que quedarán para sempre. Entre imaxes, orixinais, bosquexos e libros, o visitante poderá reencontrarse co vento que el soubo debuxar e que segue soprando nas súas obras. Unha despedida chea de agradecemento, para que o trazo de Carlos siga viaxando de lector en lector, de conto en conto, de vento en vento.

Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.