Obras de Matalobos
José Luis Matalobos é deseñador gráfico, ilustrador, pintor e artista gráfico dixital.
Traballou como ilustrador e infógrafo nos xornais “El Progreso” e “La Voz de Galicia”.
Desde 2001 traballa como artista gráfico independente para La Voz de Galicia, editoriais e axencias de publicidade, realizando actividades diversas relacionadas coa arte gráfica en xeral: portadas, cartaces, story boards, ilustracións, etc., mentres prosegue co seu labor como pintor e artista tradicional.
En “Mas allá de las estrellas” presenta a súa última obra baseada nos carteis de anuncios e xornais dos anos 60.
A mostra está composta por 15 cadros de medio e gran formato. A maioría das obras están feitas con pintura acrílica pero tamén emprega a técnica mixta.