28 de Novembro - 30 de Decembro 2023, 12:00 - 14:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica
Miguel López (1976-2023), máis coñecido como O Hematocrítico, foi mestre de Educación Infantil, autor de numerosos proxectos de humor na Internet como El Hematocrítico de Arte, Drama en el Portal ou Los Hermanos Podcast, colaborador en distintos medios de televisión e autor de libros infantís inesquecibles entre os que se atopan “Dona Problemas”, “Axente Riciños” “Rapunzel con piollos”...
Na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal queremos lembralo con esta mostra bibliográfica na que poderás atopar eses e outros títulos cos que pasarás un bo rato.
Podes visitala na sala infantil do 28 de novembro ao 30 de decembro no noso horario de apertura habitual.