05 de Febreiro - 30 de Abril 2024, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica
Un ano máis colaboramos coa promoción e votación do Premio Novela Europea Casino de Santiago, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo á cidadanía de Santiago de Compostela, así como doutras cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario.
Unha comisión de expertos seleccionou as seguintes cinco novelas finalistas desta XVII edición:
- La postal de Anne Berest (Lumen)
- Os seres queridos de Berta Dávila (Xerais)
- La ciudad de los vivos de Nicola Lagioia (Literatura Random House )
- Obra maestra de Juan Tallón (Anagrama)
- Empezamos por el final de Chris Whitaker (Salamandra)
Varios exemplares de cada unha das novelas finalistas desta edición están dispoñibles para préstamo no segundo andar da biblioteca.
Desde o 12 de ata o día 25 de abril habilitaremos unha caixa onde depositar os votos de quen queira participar como xurado.