Novelas finalistas XVII Premio Novela Europea Casino de Santiago

Imaxe
05 de Febreiro - 30 de Abril 2024, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Mostra bibliográfica

Un ano máis colaboramos coa promoción e votación do Premio Novela Europea Casino de Santiago, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo á cidadanía de Vigo, así como doutras cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario.

Unha comisión de expertos seleccionou as seguintes cinco novelas finalistas desta XVII edición:

  • La postal de Anne Berest (Lumen)
  • Os seres queridos de Berta Dávila (Xerais)
  • La ciudad de los vivos de Nicola Lagioia (Literatura Random House )
  • Obra maestra de Juan Tallón (Anagrama)
  • Empezamos por el final de Chris Whitaker (Salamandra)

 

Varios exemplares de cada unha das novelas finalistas desta edición están dispoñibles para préstamo no nostrador de préstamo

Desde o 12 de ata o día 25 de abril habilitaremos unha caixa onde depositar os votos de quen queira participar como xurado.