Premio Novela Europea Casino de Santiago

Imaxe
01 de Decembro 2023 - 31 de Xaneiro 2024, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Un ano máis colaboramos coa promoción e votación do Premio Novela Europea Casino de Santiago, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo á cidadanía da cidade de Santiago de Compostela, así como doutras cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario.

Unha comisión de expertos seleccionou as seguintes cinco novelas finalistas desta XVII edición:

    • La postal de Anne Berest  (Lumen) 

    • Os seres queridos de Berta Dávila (Xerais) 

    • La ciudad de los vivos de Nicola Lagioia (Literatura Random House ) 

    • Obra maestra de Juan Tallón (Anagrama) 

    • Empezamos por el final de Chris Whitaker (Salamandra)

Varios exemplares de cada unha das novelas finalistas desta edición están dispoñibles para préstamo no segundo andar da biblioteca.

Na primavera, cando se abra o prazo de votación, haberá unha caixa onde depositar os votos de quen queira participar como xurado.

Unha mostra bibliográfica cunha recompilación das obras finalistas e gañadoras das anteriores dezaseis edicións permanecerá no 2º andar do 1 de decembro ao 31 de xaneiro do 2024.