XIX Premio Novela Europea Casino de Santiago

Imaxe
01 de Abril - 30 de Xuño 2026, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Un ano máis colaboramos coa promoción e votación do Premio Novela Europea Casino de Santiago, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo á cidadanía da cidade de Santiago de Compostela, así como doutras cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario.

Estas foron as cinco novelas finalistas desta XIX edición:

 

• A noite das cebolas, de Rosa Aneiros (Edicións Xerais)

• La península de las casas vacías, de David Uclés (Siruela)

• El cantar del profeta, de Paul Lynch (Alfaguara)

• Desertar, de Mathias Enard (Literatura Random House)

• Una familia moderna, de Helga Flatland (Nórdica)

 

Logo da votación realizada do 22 de maio ao 4 de xuño, resultaron galardonadas ex aequo dúas obras: A noite das cebolas de Rosa Aneiros e La península de las casas vacías de David Uclés.

A mostra pode visitarse no 2º andar ata o 30 de xuño.