Exposición de fotografía a cargo da Asociación Cultural Fotoforum Compostela
Desfruta dos xogos para todas as idades: grandes, pequenas e medianas.
Acompáñanos e pasa este día con Xotramu e con nós no xardín!
Actividade aberta a todo o público.
Poderemos escoitar e ver a través dun kamishibai a historia familiar dos apicultores do proxecto Mel Toxal Riba.
Contaremos tamén cun obradoiro, no que nos explicarán o traballo artesanal que fan e poderemos degustar nunha cata o mel que producen as súas abellas!
Actividade aberta a todo o público.
Coñece os montes de man común a través deste obradoiro para descubrir novas alternativas para habitar o rural.
Impartido por docentes da Facultade de Humanidades da USC, no campus de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo.
Actividade aberta a todo o público.
Carmen Méndez acompañaranos no visionado da súa obra, recén galardoada co premio Mestre Mateo.
Actividade aberta a todo o público.