Os nenos en nenas que asistan a este obradoiro terán aoportunidade de escoitar un conto cheo de maxia e fantasía para ir preparándose de cara ao Nadal.Para poder chegar ao final deste abraiante conto os cativos e as cativas terán que aportar a súa creatividade e ralizar unha chea de actividades como mesturar, colorear, soprar, debuxar, selar e mesmo dicir unhas palabras máxicas.
Biblioteatro ten como finalidade ofrecer ás familias un espazo os sábados pola mañán onde a cativada pode desenvolver actividades de expresión e socialización que estimulan a súa capacidade creativa a través de diferentes actividades de animación teatral, expresión corporal e xogo dramático.
Biblioteatro ten como finalidade ofrecer ás familias un espazo vos sábados pola mañán onde a cativada pode desenvolver actividades de expresión e socialización que estimulan a súa capacidade creativa a través de diferentes actividades de animación teatral, expresión corporal e xogo dramático.
Achegaremos o personaxe do apalpador cun pequeno conto para introducir a actividade a aqueles e aquelas que non o coñezan. Empregando materiais sinxelos construirán cadanseu monicreque de luva. Un xeito de promoción cultural (persoaxe tradicional), estimulación da creatividade (habilidades manuais novas) e promoción da lectura.