A Biblioteca abre as súas portas ao Nadal creando un espazo de creatividade onde os participantes poderán deseñar e desenvolver a súa imaxinación mediante o emprego de diferentes técnicas artísticas e materiais, dando forma a unha proposta pensada para esta época do ano.
Obradoiro a cargo de Cucarandainas
Público infantil de 6 a 12 anos
Obradoiro infantil no que daremos forma, con diversos elementos, a múltiples adornos para a nosa árbore.
Xogaremos coas palabras do Nadal e prepararemos a nosa carta para os Reis Magos.
Obradoiro a cargo de María Lires.
Público infantil de 6 a 12 anos
Espazo de obradoiros da Biblioteca
Duración: 60 minutos
15 prazas
A banda lucense NEBRA nace no 2020 da man da cantante e mestra de canto Sara Pérez Cruz (Sara Nebra), en colaboración co baixista Ángel Boquete e o batería Ro Muñoz.
NEBRA é un proxecto musical inspirado na estructura das cantigas tradicionais das cantareiras,pero con sons de electrónica, baixo eléctrico e percusión máis afastada do concepto tradicional.
A xente de debux.ou (Urban e rural sketchers da provincia de Ourense. Xuntámonos para debuxar o mundo) terán un enconttro este sábado de 10.00 a 14.00h para debuxar a biblioteca e a súa contorna.
Para participar só necesitas traer o teu material de debuxo ;)